Feiras e xiras comerciais

En la feria Hostelco 2006

O traballo que as organizacións de pequenos produtores de café viñeron desenvolvendo nos últimos anos contribuíu a mellorar a calidade dos seus cafés e a xestión da exportación dos mesmos.


En España, esta realidade é pouco coñecida entre as empresas do sector, do mesmo xeito que os beneficios que para as famílias caficultoras supón comercializar directamente a súa produción a través das súas cooperativas.


Por iso impulsamos o achegamento destas cooperativas á empresa española do café e fomentamos a participación destes últimos nas propostas do Comercio Xusto.


Desde o ano 2004 as organizacións de pequenos produtores de café de Comercio Xusto teñen un espazo propio na feira Hostelco de Barcelona e fan xiras anuais a España para dar a coñecer a calidade dos seus excelentes cafés e establecer relacións comerciais con empresas. En Hostelco 2008 o seu traballo foi recompensado co premio ao mellor café verde da feira.